Cuarteto de Guitarras Ecos

Cuarteto de Guitarras Ecos

Eintrittskarten ansehen
Cuarteto de Guitarras Ecos

Cuarteto de Guitarras Ecos

Aturuxo Bar. Aturuxo bar, Rúa de Pazos Fontenla, Bueu, España. Karte ansehen


Online Verkauf geschlossen

Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.

Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".

Beschreibung

Formado por Miguel Ángel Dotto, Fernando Stern, Adrián de Rosa e David Bajda, o Cuarteto de Guitarras Ecos conta con doce anos de traxectoria, compartindo as súas interpretacións en diversos ciclos e festivais de música de cámara en variadas salas do seu país (Arxentina) e do estranxeiro.​

Nos seus concertos, pódese escoitar un extenso repertorio composto por obras orixinais para catro guitarras e arranxos realizados polos seus integrantes.

Participaron consecutivamente no “Festival Internacional Música Clásica por los caminos del vino” (2007–2017), e na XIV e XIX edición do "Festival Guitarras del Mundo" (2008 e 2013). Tamén destaca a participación como solistas xunto á Orquesta Filarmónica de Mendoza no Teatro Independencia baixo a dirección da mestra Ligia Amadio (2010), baixo a dirección de Luis Belforte (2013) e, recentemente, en febreiro de 2019 interpretan o Concierto Andaluz baixo a dirección do mestre Cesar Iván Lara.

En decembro de 2010 finalizan a gravación do seu primeiro traballo discográfico en Fader Records. Este primeiro traballo titulado "Poker de Ases", mostra un variado repertorio de música contemporánea de raíz folclórica latinoamericana.

En setembro do 2011, son finalistas na categoría Música de Cámara do “XI Concurso Bienal Juvenil 2011–2012” organizada por Shell Argentina e a Asociación Festivales Musicales de Buenos Aires.

En setembro de 2012, son convocados por Radio Nacional Clásica (Buenos Aires), para o festexo dos trinta anos do programa “De Segovia a Yupanqui”, un dos programas guitarrísticos de maior permanencia nun medio de comunicación radiofónico a nivel internacional, baixo a condución de Sebastián Domínguez e Fabio Caputo Rey.

No ano 2016, gravan o seu segundo disco titulado “Entre selvas y llanos”, o cal presenta obras latinoamericanas de compositores arxentinos: Jorge Cardoso, Leopoldo "Polo" Martí e as xeniais catro estacións porteñas de Astor Piazzolla.

En xullo de 2017, viaxan a Cuba para preparar o seu terceiro disco, que reunirá a obra completa para cuarteto de guitarras do compositor e guitarrista cubano Eduardo Martín, con quen tiveron o pracer de compartir uns marabillosos días estudando a súa música.


In diesem Fall hat der Veranstalter keine Altersbeschränkung festgelegt, wenn Du dennoch Zweifel hast setze Dich gerne mit dem Veranstalter direkt in Verbindung.

Video

Teilen!

Veranstaltet von

Aturuxo Bar

Details
Cookies helfen uns bei der Bereitstellung unserer Dienste. Durch die Nutzung unserer Dienste erklären Sie sich damit einverstanden, dass wir Cookies setzen. Mehr erfahren